Convenio colectivo de Cosma, SA

Estado: Vigente
Órgano Emisor: Comunidad Autónoma de Galicia
Rango: Convenio Colectivo
Fecha: 29/12/2005
Fecha de Publicación: 13/03/2006
Boletín: Boletín Oficial de la provincia de A Coruña
Marginal: 56837


Texto Completo

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa COSMA, S.A (código convenio 1504332), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Traballo o día 04.01.06, complementado o día 13.02.06 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polo delegado de persoal o día 29.12.05, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial

ACORDA:

PRIMEIRO.-Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

SEGUNDO.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C).

TERCEIRO.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de febreiro de 2006

A DELEGADA PROVINCIAL

Asdo:

María Debén Alfonso

CONVENIO COLECTIVO DA COMPAÑÍA DE SERVICIOS MEDIAMBIENTAIS DO ATLÁNTICO (COSMA)

ANOS 2005, 2006, 2007

Artigo 1.-Ámbito de aplicación e territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa "COMPAÑÍA DE SERVICIOS MEDIOAMBIENTAIS DO ATLÁNTICO" (COSMA, S.A.).

As disposicións contidas no presente convenio colectivo rexerán no centro de traballo que a empresa ten no Concello de Narón.

Artigo 2.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día sa súa sinatura, tendo efectos económicos dende o 1 de xaneiro do 2005. Terá unha vixencia de TRES ANOS, que finalizará o 31 de decembro do 2007, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efetuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte asinante, segundo o previsto en canto ó prazo no artigo anterior. No caso de non ser denunciado prorrogarase automáticamente experimentando un incremento salarial do IPC, ate a súa negociación.

Artigo 4.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas, ou de calquera índole, contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, estabelecense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes que impliquen condicións máis beneficiosas que as convidas, serán respeitadas e non absorbidas.

Artigo 5.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade, categoría ou grupo profesional que se determinan no articulado deste convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 6.-Salario base.

Para o ano 2005 o salario base de convenio é o fixado na táboa anexa n.º l.

Para o ano 2006:

o incremento salarial será o IPC real do 2005 máis o 1% en tódolos conceptos, excepto nos marcados nas táboas II e III.

Para o ano 2007:

o incremento salarial será o IPC real do 2006 máis o 2% en tódolos conceptos, excepto nos marcados nas táboas II e III.

Artigo 7.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa n.º II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 8.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá DUAS PAGAS extraordinarias de devengo semestral, por importe, cada unha dela dunha mensualidade, calculada sobre o salario base maila antigüidade, que serán efectivas o 30 de xuño e o 22 de decembro.

O computo efectuarase do seguinte modo:

SEMESTRE ABONO XANEIRO-XUÑO XUÑO XULLO-DECEMBRO DECEMBRO

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional da paga extraordinaria de xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicaráse para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto á paga extraordinarias de decembro.

Artigo 9.-Complemento medioambental do personal de rede.

Por este concepto os traballadores percibirán a cantidade de DEZASEIS (16,00 euros) euros/mensuais, por mes efectivamente traballado.

Artigo 10.-Plus de transporte.

Durante a vixencia do convenio aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de SETENTA E CINCO euros (75,00 euros) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, adsorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de plus de distancia. O plus de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11.-Quebranto de moeda.

A empresa no exime da obrigación de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores que a súa función leve implicito o manexo do diñeiro.

No obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores a cantidade de CINCOENTA (50,00 euros) por mes efectivamente traballado.

Artigo 12.-Horas extraordinarias.

Poderánse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se execute.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na taboa anexa n.º III.

Artigo 13.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa, percibirá a cantidade de VINTETRES CENTIMOS de euro/kilómetro (0,23 euros/km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Artigo 14.-Comidas.

O persoal que, por necesidades da empresa, teña que comer ou cear fóra do seu domicilio e dentro do termo municipal, aboaráselle a cantidade de SETE euros con CINCOENTA céntimos (7,50 euros) sen necesidade de xustificación e de DEZ euros (10,00 euros) con xustificación, por cada unha das comidas que se vexa obrigado a realizar fóra da casa.

Artigo 15.-Dispoñibilidade personal de rede.

Ó principio de cada mes entrará de dispoñibilidade unha parella de Mantemento de Rede para atende-las tarefas respectivas, prolongándose a dispoñibilidade ata o final de mes.

As labores de vixiancia, reparación e manteñemento comenzarán unha vez finalizada a xornada laboral ordinaria.

Os traballadores de dispoñibilidade portarán durante o mes un buscapersoas (teléfono móvil o calquera outro medio técnico) fóra do horario laboral, onde recibirán tódolos avisos das situacións que se produzan no do Servicio, debendo acudir coa debida prestancia ós devanditos avisos.

As dispoñibilidades, de acordo co descrito serán obrigatorias e rotativas entre todo o persoal de Manteñemento de Rede. O tempo efectivamente traballado fóra da xornada será retribuído como horas extraordinarias.

A retribución para cada traballador por este concepto será de DOUSCENTOS euros ó mes (200,00 euros/mes).

Ademais, os días de Noiteboa, noitevella, Nadal e Aninovo remuneraranse a razón de SESENTA euros/día (60,00 euros/día).

Artigo 16.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para:

Ano 2005 será de mil setecentas sesenta (1.752) horas anuais.

Ano 2006 e 2007 será de mil setecentas cincoenta (1.750) horas anuais.

O horario será de luns a xoves, de 8.00 a 15.00 horas, e dúas tardes á semana, que serán de carácter rotativo, de 16.30 a 19.00 horas, e o venres de 8.00 a 15.00 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de Ano (31 de decembro) serán días non laborables.

Meses de xullo e agosto:

de luns a venres, de 8.00 a 15.00 horas.

Adaptaráse a xornada resultante destes horarios ó cómputo anual establecido.

Artigo 17.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta días naturais, que se disfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o 31 de outubro.

A retribución en período vacacional será:

salario base máis antigüidade.

Artigo 18.-Festas.

Terán consideración de festas, todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da Patrona. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior ou posterior.

Artigo 19.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

a) Qunice días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou o seu cónxuxe.

c) Tres días naturais en caso de enfermidade grave de pais, fillos, irmáns, cónxuxe ou parella de feito.

d) Tres días naturais polo nacemento de fillo-a.

e) Un día por traslado de domicilio.

f) Un día por asuntos propios, previo o aviso de 72 horas.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

A parella de feito terá a misma consideración que o cónxuxe nos supostos recollidos no apartado B.

Artigo 20.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

- Camisa de manga curta:

2 ó ano.

- Camisa de manga longa:

2 ó ano.

- Pantalón:

4 ó ano.

- Calzado de seguridade:

1 par ó ano.

- Anorak:

1 cada dous anos.

- Chaqueta curta:

2 ó ano.

- Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira)

- Botas de seguridade:

1 par ó ano.

- Luvas de caucho:

Segundo necesidades.

- Botas de auga:

1 par ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

Artigo 21.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional VINTE MIL euros (20.000 euros).

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional VINTE MIL euros (20.000 euros).

Artigo 22.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de I.T. derivada de accidente de traballo e dende o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e parte proporcional das pagas extras.

De igual xeito complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade e parte proporcional das Pagas Extras nos casos de hospitalización mentres dure esta. Tamén nos casos de enfermidade de carácter permanente e dexenerativo cuia gravidade aumenta considerablemente o risco de morte e incapacidade inherente á idade e profesión, necesitando, en todo caso coidados e tratamentos médicos de por vida. A debandita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 23.-Xubilación.

Ó abeiro do artigo 166.2 da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6 do Estatuto dos Traballadores, recoñéceselles ós traballadores o dereito subxectivo de solicitar á empresa a xubilación parcial e a reducción de xornada dentro dos límites legalmente previstos cando reunan os requisitos estabelecidos.

A solicitude deberase remitir á empresa cunha anticipación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial. A empresa estudiará a solicitude de boa fe, coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, dará resposta nun prazo razoable.

Empresa e traballador acordarán a forma en que se realizará a xornada anual efectiva pactada na xubilación parcial.

Artigo 24 .-Seguridade e saúde laboral.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Todo traballador será recoñecido, a lo menos unha vez ó ano. Así mesmo, tódalas traballadoras terán dereito a un recoñecemento xinecolóxico anual.

Artigo 25.-Cuota sindical.

A empresa, previa solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes pola cuota sindical.

Artigo 26.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dudas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituida por UN representante designado polos Traballadores e UN representante designado pola dirección da empresa, que houberan formado parte da comisión negociadora do convenio.

Ambalas dúas partes poderán incorporar asesores.

Artigo 27.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio estarase ao disposto no Estatuto dos Traballadores e convenio colectivo estatal de augas e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 28.-Clasificación funcional.

Os traballadores que presenten a súa actividade no presente convenio colectivo serán clasificados en atención a súas aptitudes profesionaies, titulacions e contido xeral da prestación. Esta clasificación realizarase en grupos profesionais.

Outras disposicións

Artigo 29.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores e traballadoras terán o dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, contribuíndo a empresa á promoción do idioma propio do país galego empregándoo nas súas comunicacións internas e externas.

Así mesmo, a empresa non empregará discriminacións nin estereotipos sexistas na linguaxe utilizada nas circulares ou calquera outra forma de comunicación.

Artigo 30.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal disporán dun crédito de 15 horas mensuais para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais.

Poderanse constituír seccións sindicais na empresa, tendo o delegado ou delegada sindical os dereitos que a lei lle recoñece.

Artigo 31.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa cumprirá a lei no sentido de garantir que o 2% dos postos da plantilla sexa ocupado por persoal con discapacidade, asustando dita porcentaxe na medida do crecemento da plantilla.

Artigo 32.-Atrasos.

A empresa ingresará as cantidades correspondientes ós atrasos no mes da sinatura deste convenio.

TABOA ANEXA N.º I

SALARIOS

TABOA ANEXA I

RETRIBUCIÓNS

GRUPO I

PEON

832,00

PEON ESPECIALISTA

857,00

AUX. ADMINISTRATIVO

891,00

OF. 2º ADMINISTRATIVO

976,00

LECTOR

891,00

OF. 1ª OPERARIO

1.102,00

OF. 2ª OPERARIO

1.057,00

TABOA ANEXA N.º II

ANTIGÜIDADES (euros/mes)

Categoría

Un bienio

Dous bienios

2 B. E 1 Q.

2 B. E 2 Q.

2 B. E 3 Q.

2 B. E 4 Q.

Todas

10,00

20,00

40,00

70,00

90,00

100,00

TABOA ANEXA N.º III

VALOR HORA EXTRA DIURNA, NOCTURNA E FESTIVA

TABOA ANEXA III VALOR HORA EXTRA DIURNA - NOCTURNA E FESTIVA (euros/día)

RELACIONES