ORDENANZA Nº 16: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO (TEXTO EN GALLEGO)

Estado: Vigente
Órgano Emisor: Ayuntamiento de Vigo
Rango: Ordenanza
Fecha:
Fecha de Publicación:
Boletín: Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra
Marginal: 126795


Texto Completo

ORDENANZA Nº 16: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO

ARTIGO 1 FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa de prestación de servicio de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento. Quedan fora do ámbito de aplicación da presente ordenanza os residuos que,,procedentes de calquera actividade ou servicio, estean incluídos pola normativa legal e regulamentaria de aplicación dentro dos considerados como tóxicos ou perigosos. As obrigas específicas que necesariamente deberán cumpri-los productores ou posuidores desta clase de residuos, serán as establecidas nos artigos 5 da Lei 20/86 de 14 de maio, Básica de Residuos Tóxicos e Perigosos, no artigo 13 do R.D. 833/88 de 20 de xullo, e preceptos concordantes.

2. Entenderase de recepción obrigatoria o servicio prestado a tódalas vivendas e establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.

3. Considéranse, a efectos desta ordenanza, residuos sólidos urbanos, os residuos procedentes de vivendas, edificios, centros públicos e privados sen excepción ningunha;

os mobles, enseres e trastos inútiles, así como os xerados en establecementos de toda clase, industrias, clínicas, sanatorios, hospitais, laboratorios e establecementos análogos sempre que, consonte á lexislación vixente en materia de residuos, teñan a consideración de residuos sólidos urbanos ou asimilables a estes, estando suxeito o seu vertido á autorización previa e preceptiva do Departamento de Patrimonio Histórico e Medioambiente do Concello.

ARTIGO 2 SUXEITOS PASIVOS 1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas, establecementos e instalacións de calquera uso, sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista ou arrendatario.

2. Para o caso das vivendas, son suxeitos pasivos substitutos do contribuínte e obrigados ó pagamento da taxa os propietarios e usufructuarios das mesmas, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas ós usuarios daqueles, beneficiarios do servicio Igualmente, no caso de establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que se atopen pechados ou sen uso, serán suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os propietarios.

ARTIGO 3 RESPONSABLES 1. Responderán solidariamente do pagamento desta taxa xunto cos suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os beneficiarios da prestación do servicio por utilizar ou ocupa-las vivendas ou locais.

2. En materia de responsabilidade será de aplicación o artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Concello.

ARTIGO 4 BENEFICIOS FISCAIS.

1. No relativo a exención desta taxa estarase ó previsto no Texto complementario á Ordenanza Fiscal Xeral en materia de exencións e bonificacións de taxas por prestación de servicios no que se refire ó procedemento de xestión.

Estarán exentas do pagamento da taxa as familias que teñan ingresos totais iguais ou inferiores ó salario mínimo interprofesional e que posúan un patrimonio inmobiliario con valor catastral igual ou menor a 44.070,00 €.

Sendo o único ben patrimonial a vivenda propia, o seu valor catastral poderá superar os 44.070,00 €.

2. Poderán gozar de bonificación do 50% aqueles suxeitos pasivos contribuíntes que reúnan simultaneamente as seguintes condicións: a. Que os ingresos netos anuais por cada un dos residentes que habiten unha vivenda sexa inferior a 1.902,00 €.

b. Que os ingresos netos procedentes de capital sexan inferiores ó 20% dos ingresos netos totais. A Administración de Tributos do Concello procederá a tramita-la bonificación do recibo do ano en curso, coa achega de certificado de convivencia e/ou empadroamento e copias das declaracións do IRPF dos residentes nunha mesma vivenda relativos ó exercicio precedente.

3. Así mesmo, gozarán de bonificación de 5% os establecementos comprendidos nos apartados B, C D e E, que acrediten que contan con espacio interior destinado ós contenedores de lixo. Para gozar desta bonificación, deberán presentar na Admón. de Tributos solicitude acompañada de plano dilixenciado pola Xerencia Municipal de Urbanismo en tal sentido, con anterioridade o devengo da taxa.

As solicitudes de bonificación ou exención deberán ser presentadas entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada ano e, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que foran formuladas.

De presentarse algunha solicitude de bonificación e/ou exención entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, será tramitada, igualmente, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, producindo efectos para o exercicio seguinte a aquel en que fora formulada.

ARTIGO 5 COTA 1.1 A cota correspondente á recollida domiciliaria a vivendas consistirá nunha cantidade fixa anual.

1.2 Os establecementos comerciais industriais e profesionais con un volume de residuos superior a 1.000 litros/día depositarán estes nos colectores que determine o servicio municipal de limpeza, de acordo coas necesidades de organización do citado servicio segundo a zoa ou rúa, e, tributarán por esta taxa conforme ó punto E do apartado 2 deste artigo.

1.3 No caso de establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que se atopen pechados ou sen utilización, aplicarase unha tarifa de vivenda.

1.4 Aplicarase, igualmente, a tarifa mínima de vivenda a establecementos de uso distinto a vivenda nos que, polas características dos residuos, a súa recollida estea contratada con empresa distinta do servicio municipal, previa solicitude de suxeito pasivo, no prazo establecido no artigo 63.3 da Ordenanza Fiscal Xeral.

1.5 No suposto de que dentro dunha vivenda se realice actividade económica, aplicarase á cota correspondente á actividade realizada segundo os epígrafes B, C e D do apartado 2 deste artigo.

1.6 No caso de que unha sociedade ou persoa física realice varias actividades nun mesmo local, aplicarse unha soa cota das sinaladas no apartado 2 deste artigo. Procederá a aplicación daquela que resulte de maior importe entre as de aplicación ás actividades desenvolvidas.

Ós efectos do disposto nesta ordenanza, considerase local diferenciado aquela estancia, construcción, instalación, recinto ou espacio con acceso ou accesos directos do público e/ou do persoal empregado dende zoas comúns ou dende vía pública.

1.7 No caso de que varias persoas xurídicas ou persoas físicas realicen diferentes actividades compartindo un mesmo local, procederá a cada unha delas a cota que resulte de aplicación segundo o apartado 2, epígrafes B. C. e D. do presente artigo, reducida nun 30 %. Exceptúase desta reducción do 30 % aquelas actividades con volume de residuos superior a 1.000 litros/día, nas que se aplicará o apartado 2 epígrafe E do presente artigo.

Entenderase, ós efectos da aplicación deste apartado, que un local é compartido, cando exista comunicación interior entre as dependencias nas que se desenvolven as diferentes actividades, podendo accederse directamente dunhas a outras. Igualmente, considérase que dúas ou máis actividades de diferentes titulares comparten local cando ocupan espacios diferenciados, aínda que non exista delimitación física.

2. A estructura tarifaria é a seguinte:

1013719d0e759-9ea5-4542-8606-312dbe455bd70

101375ca31aa1-2ddc-4ba6-a808-faf455f80c7c0

101374c0557ad-166b-4f5f-8980-0c5c659984e10

1013772262e11-f3e2-45d4-82f9-1de1f16e53740

Para os establecementos ou instalacións non especificados nas relacións B e C a Comisión de Goberno, a proposta da Administración de Tributos e previo informe do Servicio de Limpeza resolverá aplicando ó previsto para o grupo de clasificación máis afín.

Os establecementos nos que se desenvolvan, de forma exclusiva, actividades incluídas no epígrafe 6912: Reparación de vehículos automóbiles, bicicletas e outros vehículos que teñan subscrito o Convenio de Xestión Integral de Residuos, aplicáraselles a tarifa correspondente a locais de uso -oficinas e despachos- da relación B que consta no presente artigo. Para a aplicación da citada tarifa será necesaria xustificación documental consistente en certificación da Asociación Autónoma Provincial de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de la Provincia de Pontevedra (ATRA), debendo quedar suficientemente acreditado o cumprimento efectivo do citado Convenio de Xestión Integral de Residuos.

ARTIGO 6 PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO ? O período impositivo coincidirá co ano natural a excepción do que se dispón nos apartados 7.3, 7.4, 7.5, 7.6 e 7.7 do artigo 7 apartado 7 desta ordenanza, en que o período impositivo poderá coincidir cun semestre natural.

? O devengo da taxa prodúcese o 1º de xaneiro de cada ano e as cotas serán irreductibles agás que proceda o prorrateo por semestres naturais nos ternos expresados no citado artigo 7 apartado 7 desta ordenanza.

ARTIGO 7 ALTAS E DECLARACIÓNS 1. As altas no Padrón da taza de lixo-vivendas produciranse a partir da información contida no Catastro Inmobiliario, rexistro administrativo regulado no RDL 1/2004 de 5 de marzo.

A efectos da aplicación das taxas reguladas na presente ordenanza, as actuacións dos Servicios de Xestión e Inspección Tributarias do Concello complementarán e/ou corrixiran os datos contidos no Catastro Inmobiliario nos casos de omisión do Ben Inmoble no rexistro catastral, ausencia de división horizontal e outros casos.

2. En relación a establecementos comerciais, industriais, profesionais, de artistas ou de outros usos, entenderase como declaración de alta nesta taxa a correspondente declaración de alta no Imposto sobre Actividades Económicas, tendo efectos dende a data declarada de comenzo de actividade.

Se os suxeitos pasivos do IAE, por estaren exentos, non estiveran, obrigados á presentación formal da declaración de alta no imposto deberán formalizar, declaración de alta específica para a presente taxa no Rexistro Xeral do Concello, en impreso regulamentario que facilitará a Administración Tributaria do Concello, nos mesmos prazos que a correspondente alta no Censo de obrigados tributarios da AEAT.

Os titulares de actividades, veñen, asimesmo, obrigados a solicitar a preceptiva licencia de actividades e instalacións na Xerencia Municipal de Urbanismo así como a comunicar os cambios de titularidade na licencia, se a houbese.

.

O documento de Alta no Imposto sobre Adctividades Económicas surtirá os efectos de notificación de alta no Padrón da Taxa de Lixo, non sendo precisa, legalmente, a notificación individual da primeira liquidación.

No caso de realizar unha actividade económica dentro dunha vivenda, procederá dar de baixa a esta no Padrón da Taxa de Lixo vivendas e alta simultánea no Padrón da Taxa de Lixo Industrial coa a tarifa que lle corresponda a actividade que desenvolva. Os efectos de baixa en un padrón e alta no outro, serán simultáneos, evitando así a duplicidade impositiva Os documentos de cambio de titularidade así como de concesión de licencia de actividades surtirán os efectos de notificación de alta no Padrón da Taxa de Lixo, non sendo precisa a notificación individual da liquidación.

3. En locais destinados a garaxes para uso privado, entenderase como declaración de alta na taxa de lixo, a solicitude de licencia para vado permanente formulada en impreso regulamentario no que procederá realizar autoliquidación da taxa de recollida de lixo do ano en curso se a solicitude se presenta antes do 30 de xuño ou ben, do segundo semestre do ano en curso, se a solicitude se presenta con posterioridade á citada data. O exemplar entregado ó solicitante surtirá os efectos de notificación de alta no Padrón da taxa de lixo, non sendo preceptiva a notificación expresa das liquidacións subseguintes á presente.

4. Causarán baixa no Padrón da Taxa de Lixo Industrial, Comercial e Profesional aqueles contribuintes que formulen a correspondente declaración de Baixa no Rexistro Xeral do Concello e/ou no Imposto de Actividades Económicas 5. Os titulares de actividades deberán formular declaración de baixa no Rexistro Xeral do concello e/ou no Imposto de Actividades Económicas cando cesen naquelas. O incumprimento desta obriga será sancionable segundo o disposto no artigo 198 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

6. Os suxeitos pasivos desta taxa deberán cubri-las súas declaracións con indicación certa e completa do enderezo fiscal e número de identificación fiscal. A omisión de calquera dos datos anteriores será sancionable segundo o disposto nos artigos 198 e 202 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

7. As altas, baixas e variacións surtirán efectos da seguinte forma: 7.1 As altas no Padrón da Taxa de Lixo-vivendas derivadas das declaracións de nova construcción ou rehabilitación surtirán efectos para o exercicio seguinte a aquel en que finalicen as obras.

7.2 As modificacións derivadas de cambio de titularidade da vivenda ou constitución ou transmisión do dereito de usufructo surtirán efectos para o exercicio seguinte a aquel en que se produce a transmisión ou constitución do dereito de usufructo.

7.3 As baixas por derribo ou expropiación causarán efectos para ó semestre seguinte a aquel da data de derribo ou da data de ocupación do inmoble, trala presentación da correspondente calificación técnica.

7.4. No caso de altas de establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos, estas causarán efectos o primeiro día do semestre natural correspondente á data de inicio de actividade.

7.5 No caso de altas de garaxes para uso privado causarán efectos o primeiro día do semestre natural en que se solicite a licencia para vado permanente, ou a Administración Municipal teña constancia da existencia do garaxe.

7.6. As baixas de establecementos por cese de actividade surtirán efectos nas seguintes datas: - As presentadas na Axencia Estatal da Administración Tributaria a efectos do I.A.E ou no Rexistro Xeral do Concello, entre o 1º de febreiro e o 31 de xullo, causarán baixa con data 30 de xuño do ano en curso.

- As presentadas entre o 1º de agosto e o 31 de xaneiro do ano seguinte causarán baixa a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior No caso de que o titular dunha actividade presentare variación de elementos tributarios da actividade ou traslado a outro local, dentro do período comprendido entre o 1º de febreiro e o 31 de xaneiro do ano seguinte, os efectos da variación ou traslado produciranse o 1º de xaneiro deste último.

7.7 A omisión das correspondentes declaracións de Alta, Variación ou Baixa a efectos do IAE, implicarán, amáis das correspondentes infraccións neste imposto, infracción tributaria grave a efectos da taxa de lixo.

ARTIGO 8 INGRESO No caso excepcional de liquidación por ingreso directo con notificación individualizada, o prazo de ingreso sinalarase na notificación.

No caso habitual de inclusión automática no correspondente Padrón actual, publicarase no BOP e prensa local anuncio co período de exposición pública e período de cobranza.

ARTIGO 9 INFRACCIÓNS E SANCIÓNS No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en cada caso, aplicarase a ordenanza Fiscal Xeral, Lei Xeral Tributaria e restantes normas complementarias.

DISPOSICIÓN ADICIONAL O texto dos apartados A) 3. e 4. do texto complementario a Ordenanza Fiscal Xeral en materia de exencións e bonificacións de taxas por prestación de Servicios (Anexo I) quedará redactado como sigue: ?A recepción das solicitudes de exención farase a través do Departamento de Benestar Social e as súas UBAS e a tramitación e proposta ó Organo competente farase polo Servicio de Administración de Tributos?.

DISPOSICIÓNS FINAIS 1ª. No non previsto nesta ordenanza será de aplicación a Ordenanza Fiscal Xeral e restante normativa de aplicación.

2ª. Esta Ordenanza entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará a aplicarse o 1 de xaneiro do ano 2.006 e permanecerá en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.

APROBACIÓN INICIAL:

3 DE OUTUBRO DE 1989 APROBACIÓN DEFINITIVA:

23 DE DECEMBRO DE 1989 PUBLICACIÓN B.O.P.:

30 DE DECEMBRO DE 1989 MODIFICACIÓNS B.O.P.:

4 DE XANEIRO E 30 DE DECEMBRO DE 1991 23 DE DECEMBRO DE 1992 30 DE DECEMBRO DE 1993 27 DE DECEMBRO DE 1995 30 DE DECEMBRO DE 1996 30 DE DECEMBRO DE 1999 27 DE DECEMBRO DE 2000 30 DE NOVEMBRO DE 2001 26 DE DECEMBRO DE 2002 30 DE DECEMBRO DE 2003 29 DE NOVEMBRO DE 2004 2005

RELACIONES